Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64669

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2022 pola que se adxudica o IV Premio aos empregados/as públicos/as innovadores/as, correspondente á convocatoria do ano 2022.

Mediante a Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación do 29 de xullo de 2022 (publicada no DOG núm. 162, do 26 de agosto) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o IV Premio aos empregados/as públicos/as innovadores/as, co obxectivo de sensibilizar e incentivar o uso da innovación para a mellora dos servizos públicos e a optimización na xestión dos recursos públicos.

En cumprimento do establecido no artigo 11 das bases reguladoras a adxudicación dos premios realizarase mediante resolución da directora de GAIN, de acordo coa proposta do comité de avaliación.

De acordo co exposto, e seguindo o procedemento regulado nas bases reguladoras,

RESOLVO:

1. Adxudicar o IV Premio aos empregados/as públicos/as innovadores/as na súa convocatoria do ano 2022, logo da proposta do comité de avaliación:

– Na categoría de Identificación de oportunidades a solicitude achegada por Roberto Vieito Raña, con NIF ***3839** , polo proxecto ENERXÍA.GAL-Optimización enerxética na Xunta de Galicia. Ao tratarse dunha solicitude individual, o premio consistirá nun importe en metálico de 2.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

– Na categoría de Proxecto coa temática máis innovadora, a solicitude achegada por José Marcial Díaz Manso, con NIF ***4318**, Encarnación Nieto Zas, con NIF ***8856**, e Pablo Amenedo Bermúdez, con NIF ***0879**, polo proxecto Mestres Gandeiros. Ao tratarse dunha solicitude en equipo, o premio consistirá nun importe en metálico de 3.000 euros, suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.

2. Conforme o artigo 22 das bases reguladoras, os premios financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 06.A2.561A.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2022.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto no dito boletín oficial, de acordo co disposto nos artigos 8.2.a), 14 e 46.4, respectivamente.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación