Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 22 de novembro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:
Identificación e localización: parcela número 722 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 172,37 m2.
Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).
Remate da vixencia: 12.7.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actuais titulares: María Nieves Fajardo Gómez (***6798**) e Tania María Fajardo Gómez (***7657**).
Novos titulares: Guillermina Deán García (***8074**) e Francisco Ramallo Pérez (***8074**).
Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas das anteriores.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 23 de novembro de 2022
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo