Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 23 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños 770 e 777.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 22 de novembro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que se describen:

Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 770 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 87,43 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 777 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 300,00 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actuais titulares: Rafael Sánchez Padín (***6237**) e María Rosario Chantada Millán (***6318**).

Novo titular: David Sánchez Chantada (***8813**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Vigo, 23 de novembro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo