Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños 1122-5488.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 16 de novembro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:

Identificación e localización: parcela número 1122-5488 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 830,59 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actuais titulares: Manuel Padín Pérez (***2811**) e Carmen Tourís Portas (***6082**).

Nova titular: María del Carmen Padín Tourís (***9032**).

A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Vigo, 21 de novembro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo