Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de apartamento, da concesión administrativa e da batea Toural I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Toural I e da concesión administrativa que a ampara, resultan:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 9 de decembro de 2022, Josefa Otero Estévez (***6453**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de apartamento, da concesión administrativa e da batea Toural I.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e coa forma de pactos de apartamento ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e as demais normas de xeral e pertinente apliación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de apartamento, a favor de María Fátima Rodríguez Otero (***9835**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Toural I.

Situación:

Cuadrícula número: 40.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde do outorgamento: 31.10.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Josefa Otero Estévez (***6453**).

Nova titular: María Fátima Rodríguez Otero (***9835**).

A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento de formalización do apartamento en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 13 de decembro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo