Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de novembro de 2022, polo que se aproban o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e, definitivamente, o proxecto de construcción de sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306.

Antecedentes:

O 13 de xullo de 2022, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 133 o Anuncio do 5 de xullo de 2022 polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de construción de sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306, de clave PO/21/069.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de novembro de 2022, polo que se aproban o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e, definitivamente, o proxecto de construción de sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306, que se recolle como anexo a esta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de novembro de 2022, polo que se aproban o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de construción de sendas peonís na
marxe dereita da PO-302 e PO-306

1º. Aprobar o expediente correspondente aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas do proxecto de construción de sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306, de clave PO/21/069.06, sen modificacións respecto ao trazado sometido a información pública.

2º. Aprobar definitivamente o proxecto de construción de sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306, de clave PO/21/069.06.

Consonte establece o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Vilanova de Arousa, no cal se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

A aprobación definitiva do proxecto de construción implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, de ser o caso, se puidesen aprobar posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño.