Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2022 pola que se aproba a guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Muimenta (Carballeda de Avia-Ourense), a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas.

En cumprimento do disposto no artigo 47.ter.8 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución e redacción, dada polo punto 2 do artigo 18 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e en cumprimento do disposto no artigo 47.quater.3 da Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, na súa introdución polo número 2 do artigo 14 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, faise publica a aprobación definitiva da guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Muimenta (Carballeda de Avia-Ourense), a integración cautelar na aldea modelo e a incorporación preventiva ao Banco de Terras de Galicia de determinadas parcelas, por Resolución do 23 de novembro de 2022, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE VsA7UgDpNDi8 verificable en https://sede.xunta.gal/cve

Contra o citado acordo e resolución, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; en ambos os dous casos o prazo contarase desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou do acto administrativo. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural