Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2022/261-1).

Expediente: IN407A 2022/261-1.

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Denominación: reforma LMTS, CT A Gándara a CT A Toxa, CT A Gándara e RBTS.

Concello: Vimianzo.

Feitos:

Primeiro. O 2 de setembro de 2022, Electra del Gayoso, S.L. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado reforma LMTS, CT A Gándara a CT A Toxa, CT A Gándara e RBTS, coa finalidade de dar unha nova localización ao centro de transformación CT A Gándara (IN407A 2006/319-1) por mor da adecuación e ordenación urbanística do núcleo urbano da Gándara, concello de Vimianzo. Proxéctase o traslado do CT a unha nova localización e a instalación dunha liña soterrada de media tensión que o alimentará desde a liña de distribución de media tensión LMT subderivada A Gándara-A Toxa (IN407A 2012/107-1) e a súa conexión coa rede de baixa tensión existente mediante dúas liñas de baixa tensión soterradas.

Segundo. O promotor achegou xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado reforma LMTS, CT A Gándara a CT A Toxa, CT A Gándara e RBTS, asinado por Francisco Javier Bouza Cabarcos, enxeñeiro industrial, número colexiado 867 de Galicia, o 26.8.2022 con número de visado 20222540 do 26.8.2022.

– Anexo II, asinado por Francisco Javier Bouza Cabarcos, enxeñeiro industrial, número colexiado 867 de Galicia, o 10.11.2022.

Terceiro. No antedito proxecto, o técnico proxectista acredita o cumprimento da normativa de aplicación nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Cuarto. O proxecto presentado por Electra del Gayoso, S.L. non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declarou que dispón de acordos previos con todas as persoas titulares dos bens e dereitos afectados.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación poida afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Electra del Gayoso, S.L. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Vimianzo e Augas de Galicia. Non consta no expediente, logo de transcorrer o prazo outorgado, contestación dos organismos á solicitude de condicionado nin á reiteración.

Sexto. Con data do 16 de novembro de 2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por Electra del Gayoso, S.L.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto reforma LMTS, CT A Gándara a CT A Toxa, CT A Gándara e RBTS, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

• LMTS a 20 kV, de 2×80 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe e remate nos empalmes proxectados en arqueta existente entre a LMT subderivada A Gándara-A Toxa (IN407A 2012/107-1), facendo E/S no CTC proxectado. Novo PAR (2) onde se farán os empalmes entre a LMT DER A Gándara (IN40A7 2006/319-1) e a LMT subderivada A Gándara-A Toxa (IN407A 2012/107-1).

• Cambio de localización do CT A Gándara (IN407A 2006/319-1) existente compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto reforma LMTS, CT A Gándara a CT A Toxa, CT A Gándara e RBTS de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o medio ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– De conformidade co establecido no artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.

– As instalacións executaranse no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, Electra del Gayoso, S.L. solicitará a esta xefatura territorial a autorización de explotación destas, acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a Electra del Gayoso, S.L. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 17 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña