Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de novembro de 2022 polo que se notifican varias resolucións ditadas nos expedientes administrativos sancionadores en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.D27.73759 e tres máis).

A Dirección de Augas de Galicia ditou resolucións dos expedientes administrativos sancionadores en materia de dominio público hidráulico, coas claves que se indican no anexo a este anuncio.

Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado, con xustificante de recepción, nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase ás persoas interesadas que, en virtude do artigo 46 LPAC, estas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para o coñecemento íntegro do acto que se lles notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle dos expedientes sancionadores en materia de dominio público hidráulico resoltas con notificación infrutuosa

Expediente clave

DNI/NIE interesado

Data da resolución

Sentido da resolución

Sanción imposta

DH.D27.73759

33761995L

1.12.2021

Caducidade

-

DH.D36.78298

35235239K

21.4.2022

Responsable da infracción leve do art. 85 c)

Multa de 240 € e obriga de repor

DH.D36.78446

35293723Q

5.5.2022

Responsable das infraccións leves
(art. 85.d) e f) LAG

Multa de 1.700 € e obriga de repor

DH.D15.74316

-

28.7.2022

Caducidade

-