Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de novembro de 2022 polo que se notifican varias resolucións ditadas nos expedientes administrativos relativos a autorizacións de usos privativos por disposición legal (expediente DH.B36.71296 e catro máis).

A Dirección de Augas de Galicia ditou resolucións dos expedientes administrativos de autorización de usos privativos por disposición legal, coas claves que se indican no anexo a este anuncio.

Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado, con xustificante de recepción, nos domicilios que constan nos correspondente expedientes, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase ás persoas interesadas que, en virtude do artigo 46 LPAC, estas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle das autorizacións de usos privativos por disposición legal
resoltas con notificación infrutuosa

Expediente clave

DNI/NIE interesado

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.B36.71296

X7687610K

22.3.2022

Favorable

DH.B36.66368

35290220D

4.3.2022

Favorable

DH.B36.80027

35358031Q

4.5.2022

Favorable

DH.B15.63711

33216778V

12.5.2022

Desistencia

DH.B36.76362

53177877Z

19.9.2022

Favorable