Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63502

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de execución subsidiaria de xestión da biomasa vexetal.

Mediante Resolución da Alcaldía do 25 de outubro de 2022 acórdase a execución subsidiaria por parte do Concello dos labores de xestión da biomasa vexetal nas parcelas que se relacionan a continuación, por no ter realizado os titulares catastrais os labores ordenados, segundo consta en informe de comprobación que figura no expediente.

Ao non ser posible a notificación aos titulares catastrais e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar por este medio a dita resolución e a concesión do trámite de audiencia por prazo de quince días durante os cales poderá o interesado alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere oportunas.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, están á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

7928/2021

Parcela 164, polígono 26,

27067A026001640000XT

Lugar Meleiros, Covas, Viveiro

Novo Martínez, José

(descoñécese DNI)

Parcela 163, polígono 26,

27067A026001630000XL

En investigación

Viveiro, 25 de outubro de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa