Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63500

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística, polo procedemento de taxación conxunta, para o desenvolvemento do Plan de sectorización do solo apto para urbanizar industrial (SAUI) e a execución do polígono industrial.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, mediante o Acordo da Xunta de Goberno local do 2 de decembro de 2022, aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación urbanística polo procedemento de taxación conxunta para o desenvolvemento do Plan de sectorización do SAUI e a execución do polígono industrial en Val do Dubra.

Así mesmo, segundo a devandita resolución, acordouse someter a información pública por un período dun mes o dito proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia, así como realizar a notificación individualizada co traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº de predio

Ref. catastral

Titulares

Superficie expropiada (m2)

Clasificación urbanística

Outros bens afectados

1

8134613NH2683N0001FF

Rodríguez Bardanca, José (25 %)
Montaner Cascales, Dolores (25 %)
Rodríguez Recarey, Juan Manuel (25 %)
Rodríguez Recarey, José María (12,50 %)
Lamas Vilas, Florinda (12,50 %)

8

Solo non urbanizable normal

 

2

15089A502050120000LZ

Concello de Val do Dubra

627

Solo non urbanizable normal

 

3

15089A502000650000LH

Cancela Suárez, Carmen

9.088

Solo apto para urbanizar

 

4

15089A502000620000LS

Concello de Val do Dubra

3.530

Solo apto para urbanizar

 

5

15089A502000610000LE

Cancela Suárez, Carmen

20.552

Solo apto para urbanizar

 

6

15089A030005500000BY

Descoñecido

8.577

Solo apto para urbanizar

 

7

15089A030005950000BR

Ferreiro Gasamans, Elena (5 %)
Amigo Amigo, Celestino (45 %)
Amigo Ferreiro, María Elena (25 % )
Amigo Ferreiro, Juan Luis (25 %)

103

Solo apto para urbanizar

 

8

15089A030003000000BT

Amigo Liñares, Celestino

11.786

Solo apto para urbanizar

m2 carballeira

9

15089A030002980000BL

Antelo Señarís, Jose Antonio (50 %)
Antelo Señarís, Carmen Concepción (50 %)

51.412

Solo apto para urbanizar

113 m de malla de arame (1,80 m de alto)
55 ud. de poste de formigón (1,80 m de alto)
11 m3 de muro de formigón
4 ud. de froiteiras

10

15089A030006400000BH

Paz Rey Juan, Ramón (50 %)
González Calviño, Isabel (50 %)

5.380

Solo apto para urbanizar

5 ud. de árbore madeirable

11

15089A030006200000BT

Blanco Blanco, Eladio

193

Solo apto para urbanizar

 

12

15089A030006230000BO

Liñares Cores, Manuel (herdeiros de)

27

Solo apto para urbanizar

 

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na sede electrónica do Concello de Val do Dubra e, presencialmente, nas dependencias municipais, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes, en particular no referente á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a publicación deste anuncio servirá de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Val do Dubra, 7 de decembro de 2022

José Manuel Varela Ferreiro
Alcalde