Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 1 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado do eixe de mobilidade sostible en Ourense, treito de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave OU/22/083.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Antecedentes:

Mediante a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 7 de outubro de 2021, e a súa posterior modificación do 28 de outubro de 2022, encoméndaselle á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión técnica dos proxectos referidos a actuacións de fomento da mobilidade sostible en contornas urbanas e metropolitanas.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 9 de novembro de 2022 realizouse a aprobación técnica previa do trazado do proxecto do eixe de mobilidade sostible en Ourense, treito de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, de clave OU/22/083.06, no concello de Ourense, que se tramitará segundo o disposto nos artigos 19 e seguintes da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto do trazado referido para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos cales se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente para o fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, 1, 32071) e na Casa do Concello de Ourense (praza Maior, 32005).

Así mesmo, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/outros-expedientes, a seguinte documentación:

• A documentación íntegra do proxecto.

• Un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2022

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Eixe de mobilidade sostible en Ourense. Treito de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
Clave: OU/22/083.06

Concello de Ourense.

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Propietario/s

DNI

Exprop. (m²)

Clasificación urbanística

Sit. básica
do solo

Uso do solo

Bens
afectados

0001

40670A7NG9846N

40670

A7

Tindaya Park, S.L.

B35517085

107,13

Solo urbano

Urbana

Solo sen edif.

65 ml de muro

0002

4067080NG9836N

40670

80

Fortes Formoso, Enrique

***7705**

56,43

Solo urbano

Urbana

Solo sen edif.

20 m² de alpendres

0003

40670B5NG9846N

40670

B5

Concello de Ourense

P3205500F

3.435,07

Solo urbano

Urbana

Solo sen edif.

0004

40670B2NG9846N

40670

B2

Servizo Galego de Saúde CGA

Q6550006H

1.743,59

Solo urbano

Urbana

Solo sen edif.

0005

3866019NG9836N

38660

19

García Martín, Manuela

***6139**

685,60

Solo urbano

Urbana

Solo sen edif.

40 m² de alpendres

0006

3866032NG9836N

38660

32

Concello de Ourense

P3205500F

458,60

Solo urbano

Urbana

Solo sen edif.