Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 1 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado do eixe de mobilidade sostible en Ourense, treito Os Remedios-Expourense (senda río Barbaña), actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave OU/22/081.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Antecedentes:

Mediante a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade do 7 de outubro de 2021 e a súa posterior modificación do 28 de outubro de 2022, encoméndaselle á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión técnica dos proxectos referidos a actuacións de fomento da mobilidade sostible en contornas urbanas e metropolitanas.

De acordo coa encomenda, mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 22 de novembro de 2022 realizouse a aprobación técnica previa do trazado do proxecto do eixe de mobilidade sostible en Ourense, treito Os Remedios-Expourense (senda río Barbaña), de clave OU/22/081.06, no municipio de Ourense, que se tramitará segundo o disposto nos artigos 19 e seguintes da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado referido para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Segundo. Someter ao trámite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou oporse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, nº 1, 32071) e na casa do Concello de Ourense (praza Maior, 32005).

Así mesmo, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/outros-expedientes, a seguinte documentación:

• A documentación íntegra do proxecto.

• Un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2022

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Eixe de mobilidade sostible en Ourense, treito Os Remedios-Expourense (senda río Barbaña)
Clave: OU/22/081.06

Concello de Ourense.

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Propietario/s

DNI

Exprop. (m2)

Clasificación urbanística

Sit. básica do solo

Clase de solo

Bens afectados

1

3391602NG9839S

33916

02

Josefina Rodríguez Martínez

***0923**

21

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

2

3577003NG9837N

35770

03

Xardín das Burgas, S.A.

A32258956

316

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

3

3577002NG9837N

35770

02

Alejo Álvarez

En investigación

214

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

4

3577406NG9837N

35774

06

Roberto Francisco Trapote Blanco

***4527**

12

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

5

3577405NG9837N

35774

05

Concello de Ourense

P3205500F

438

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

6

3575052NG9837N

35750

52

Emilio Vázquez Álvarez

***9014**

169

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

7

3575040NG9837N

35750

40

Alejo Álvarez

No consta

140

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

8

3575053NG9837S

35750

53

Concello de Ourense

P3205500F

34

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

9

3575039NG9837S

35750

39

Modesta Rodríguez Pérez

***5098**

34

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

10

3575054NG9837S

35750

54

Concello de Ourense

P3205500F

86

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

11

3575003NG9837S

35750

03

Severina Rodríguez Álvarez

***9370**

39

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

12

3574602NG9837S

35746

02

Concello de Ourense

P3205500F

2.850

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

13

3473005NG9837S

34730

05

Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

Q3200109A

20

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

14

3473089NG9837S

34730

89

Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

Q3200109A

521

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

15

3472106NG9837S

34721

06

Celso Nieto Pérez

***2828**

26

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

10 ml de peche de bloques e malla

16

3472103NG9837S

34721

03

Olga Pérez Pereira

***7466**

131

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

10 ml de peche de bloques e malla

17

3472104NG9837S

34721

04

Óscar Vázquez Vázquez

***4952**

125

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

10 ml de peche de bloques e malla

18

3472105NG9837S

34721

05

Jesús Manuel López Alonso

***3057**

126

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano

10 ml de peche de bloques e malla

19

3862078NG9835N

38620

78

Concello de Ourense

P3205500F

102

Solo urbano consolidado

Urbanizado

Urbano