Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vila de Cruces (expediente IN407A 2022/276-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios AR303F20//89 e AR39QUOVM/90 na LMT POR702.

Situación: Vila de Cruces.

Características técnicas: substitución dos apoios de formigón AR303F20//89 e AR39U0VM//90 no tramo POR7027397. Liña de media tensión aérea (LMTS) a 20 kV, con condutor de tipo LA-56 de 17 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado AR303F20//89 e final no apoio proxectado AR39U0VM//90. Retensado do tramo entre o apoio existente AR3USEKX//88 e o apoio proxectado AR303F20//89 e do tramo entre o apoio proxectado AR39QUOVM/90 e o apoio existente AR33UGF3//91. A instalación está situada no lugar de Pena Berrugosa, na parroquia de Oirós, no municipio de Vila de Cruces (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 18 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/276-4.

Denominación: substitución dos apoios AR303F20//89 e AR39QUOVM/90 na LMT POR702.

Concello: Vila de Cruces.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

1

Souto

Monte baixo

36059A047001950000MF

Elena González Gómez

AR303F20//89

2