Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2022/218-1).

Expediente: IN407A 2022/218-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación de centro de transformación 15SCYY O Caño-Jardilandia 1, na rúa Manuel Quiroga Cornes.

Concello: Oleiros.

Feitos:

Primeiro. O 5 de agosto de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado Regulamentación de centro de transformación 15SCYY O Caño-Jardilandia 1, na rúa Manuel Quiroga Cornes, coa finalidade de substituír o centro de transformación subterráneo CT O Caño-Jardilandia 1 (15SCYY, IN407A 2007/385-1) por mor de que o dito centro de transformación se asolaga constantemente, xa que se atopa por baixo do nivel freático do Rego de San Pedro, na rúa Manuel Quiroga Cornes, concello de Oleiros. Proxéctase a instalación dun novo centro de transformación compacto prefabricado que se conectará á liña de distribución soterrada existente LMT SMC716 Pontedouro-As Pedreiras 16, procedente da subestación San Marcos, e a retirada do centro de transformación existente.

Segundo. O promotor achegou xunto coa devandita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Regulamentación de centro de transformación 15SCYY O Caño-Jardilandia 1, na rúa Manuel Quiroga Cornes, subscrito por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial colexiado nº LE-1010, acompañado de declaración responsable do técnico proxectista, conforme a Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios que se aplicarán para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía (DOG nº 229, do 30 de novembro).

Terceiro. Coa mención expresa recollida no punto 4, Regulamentación da memoria do dito proxecto, o técnico proxectista acredita o cumprimento da normativa de aplicación nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo).

Cuarto. O proxecto presentado por UFD Distribución Electricidad, S.A. non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declarou que na execución das instalacións recollidas no proxecto de referencia non se afectan bens e/ou dereitos de propiedade particular.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o preceptivo informe ou, de ser o caso, o establecemento do condicionado técnico que considerasen pertinente, ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas para o que lles foi remitida unha separata do proxecto que contén as características da instalación e a documentación cartográfica na parte que a instalación puidese afectar a bens e dereitos ao seu cargo. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Oleiros e Augas de Galicia. UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Sexto. O 11 de novembro de 2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE nº 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto Regulamentación de centro de transformación 15SCYY O Caño-Jardilandia 1, na rúa Manuel Quiroga Cornes, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

– Novo CT O Caño-Jardilandia 1 compacto prefabricado telecontrolado, cunha potencia de 400 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L+1P, que se conectará á LMTS SMC716 Pontedouro-As Pedreiras, 16, procedente da subestación San Marcos, reutilizando o condutor existente. Retirada do CT 15SCYY (IN407A 2007/385-1) soterrado existente, así como o tapado e compactado do terreo en que se sitúa.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto Regulamentación de centro de transformación 15SCYY O Caño-Jardilandia 1, na rúa Manuel Quiroga Cornes, de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo á lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2. do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– De conformidade co establecido no artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.

– As instalacións executaranse no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará a esta xefatura territorial a autorización de explotación destas, acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 17 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña