Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 24 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia desta xefatura.

Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer

Pontevedra, 24 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoas interesadas

Acto notificado

Carmen Crespo Martínez

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS e recolocación do CT Millarada 36AA15 no concello de Redondela (expediente IN407A 2022/332-4)

Manuel González Fiel

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominda LMT, CT Barcia-Meis no concello de Meis (expediente IN407A 2022/386-4)

Margarita Pazos Caldeiro

Luz Pilar Román Devesa

Resolución do 11 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominda ret. LMT GON807 e substitución do CTI Piquetes por CTC no concello de Gondomar (expediente IN407A 2021/174-4)

Encarna González Dagrata

Casiano González Míguez

Carmen Míguez González

Basilio Pérez Martínez

Flora Dolfina Camiñaa Martínez

Resolución do 10 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTA ATI727, CTI na Bouza, no concello do Porriño (expediente IN407A 2021/205-4)

María Salomé Borrageiros Paredes

Bienvendio Carrera Morgades

Consuelo Lago Bastos

Matías Iglesias Grandal

Hrdos. Josefa Ferreira Pérez

Hrdos. Primitiva Dionisa Carrera Barcelela

Hrdos. Manuel Taibo González

Rosa Iglesias Lago

Hrdos. Ceferino Lago Bastos

Hrdos. Magdalena Campo Grandal

Resolución do 29 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTA, LMTS e CT polígono 31, no concello de Mos (expediente IN407A 2021/254-4)