Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria.

A Alcaldía, mediante Resolución do 11 de novembro de 2022, nomeou persoal funcionario deste concello a:

– Romina Velasco Groba, con DNI número 76xxxx85V, para desempeñar o posto de auxiliar de administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integradas no grupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas para o efecto.

O nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados ben recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme o dereito.

Mondariz-Balneario, 18 de novembro de 2022

José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde