De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a Resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A021007120000GS, que na súa parte dispositiva establece:
Primeiro. Non procede a estimación ou desestimación de ningunha alegación posto que, segundo consta no certificado expedido pola Secretaría o 14 de outubro de 2022, non se presentaron alegacións en referencia ao cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:
Referencia catastral |
36025A021007120000GS |
Localización |
Lg. de Seixido-Seixido |
Segundo. Efectuar comunicación definitiva para lembrarlle ao responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:
Referencia catastral |
36025A021007120000GS |
Localización |
Lg. de Seixido-Seixido |
Superficie da parcela |
919,00 m2 = 0,0919 ha |
Superficie afectada |
919,00 m2 = 0,0919 ha |
Rede de defensa contra incendios |
Asimilable á Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Terceiro. Identificar a César Portela Villanueva como responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas por figurar como titular dos terreos na Dirección Xeral do Catastro.
Cuarto. De acordo co informe técnico municipal emitido o 29 de agosto de 2022 e ratificado no informe técnico municipal emitido o 17 de outubro de 2022, apreciáronse as seguintes deficiencias:
Parámetros de xestión da biomasa |
|||
Área de actuación |
|||
Faixa 0-10 metros |
Faixa 10-30 metros |
Faixa 30-50 metros |
|
Estrato arbóreo: – Piñeiro galego – Piñeiro do país – Piñeiro silvestre – Piñeiro de Monterrey – Abeto de Douglas – Mimosa – Acacia negra – Eucalipto (disposición adicional 3ª) |
Eliminación total de todo tipo de vexetación Cumpre Non cumpre |
Eliminación total das especies citadas Cumpre Non cumpre |
Eliminación total das especies citadas Cumpre Non cumpre |
Estrato arbustivo: – Queiruga – Carqueixa – Uz, carpaza – Xesta – Piorno – Fento – Silva – Toxo |
Eliminación total de todo tipo de vexetación (ata 20 cm de altura) Cumpre Non cumpre |
Eliminación total de todo tipo de vexetación (ata 20 cm de altura) Cumpre Non cumpre |
Eliminación total de todo tipo de vexetación (ata 20 cm de altura) Cumpre Non cumpre |
Estrato herbáceo –Todas as herbáceas |
Eliminación total de todo tipo de vexetación (ata 20 cm de altura) Cumpre Non cumpre |
Eliminación total de todo tipo de vexetación (ata 20 cm de altura) Cumpre Non cumpre |
Eliminación total de todo tipo de vexetación (ata 20 cm de altura) Cumpre Non cumpre |
Estrato arbóreo Frondosas caducifolias – Ameneiro – Pradairo – Bidueiro – Freixo/Freixa – Castiñeiro – Carballo – Cerdeira – Cerquiño – Sobreira – Aciñeira – Abeleira – Faia – Ulmeiro – Loureiro – Sorbeira do monte – Capudre – Nogueira – Érbedo |
Eliminación total de todo tipo de vexetación (ata 20 cm de altura) Cumpre Non cumpre |
Permitido: Rareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si Poda: – Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura. – Árbores >11,4 m de altura: Poda mínima 4 m. Cumpre Non cumpre |
Permitido: Rareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si Poda: – Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura. -Arbores >11,4 m de altura: Poda mínima 4 m. Cumpre Non cumpre |
Vexetación seca Arbórea, arbustiva e herbácea |
Eliminación total de todo tipo de vexetación Cumpre Non cumpre |
Eliminación total de todo tipo de vexetación Cumpre Non cumpre |
Eliminación total de todo tipo de vexetación Cumpre Non cumpre |
A parcela denunciada conta con extracto arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión. Incumpre deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.
Quinto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia) para que o responsable realice as actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Sexto. Transcorrido o devandito prazo, os servizos técnicos municipais deberán realizar unha visita de comprobación e emitir informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.
Sétimo. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á execución subsidiaria das ditas actuacións.
Lembrarlle ao responsable a obriga que ten de facilitarlle o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.
Oitavo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:
Ud. |
Actuación |
Prezo unitario |
Cantidade |
Importe |
ha |
Roza matogueira c/ rozadoira, ø=3-6 cm, pte. < 30 % |
1.783,54 € |
0,0919 |
163,91 € |
Roza manual empregando rozadoira dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 %, e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un. |
||||
ha |
Recollida e encastelamento de residuos, dens. <10 t/ha, pte. < 30 % |
274,01 € |
0,0919 |
25,18 € |
Recollida e encastelamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas e/ou rareos ou desmestas, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior ao 30 %. |
||||
ha |
Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga) |
190,47 € |
0,0919 |
17,50 € |
Queima controlada de residuos forestais encastelados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m, e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea |
||||
Total da actuación |
206,59 € |
Advírteselle que, no caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, realizarase a exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.
Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.
Noveno. Advírtese que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.
Así mesmo, efectuarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.
Décimo. Notificarlles a presente resolución aos interesados.
Recursos que proceden: contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interporse o recurso potestativo de reposición, que poderá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpor o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).
A Lama, 15 de novembro de 2022
Jorge Canda Martínez
Alcalde