Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63283

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento definitivo para o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 356/2022).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a Resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento do deber de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A003000060000GU, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Non procede a estimación ou desestimación de ningunha alegación posto que, segundo consta no certificado expedido pola Secretaría en 22 de setembro de 2022, non se presentaron alegacións en referencia ao cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A003000060000GU

Localización

Lg. de Cruceiro, Verducido

Segundo. Efectuar comunicación definitiva para lembrarlle ao responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A003000060000GU

Localización

Lg. de Cruceiro, Verducido

Superficie da parcela

1.420,00 m2 = 0,1429 ha

Superficie afectada

1.429,00 m2 = 0,1429 ha

Rede de defensa contra incendios

Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Terceiro. Posto que no constan no Concello datos recentes sobre a titularidade do dereito de aproveitamento dos terreos denunciados, considéranse responsables as persoas que figuren como titulares no Catastro inmobiliario.

Deste xeito, a persoa responsable da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas, atópase en investigación, segundo o descrito na Dirección Xeral do Catastro.

Polo tanto, ao tratarse dun persoa responsable descoñecida, realizarase o descrito na alínea c) do punto oito da instrución, polo que a notificación se practicará directamente mediante a publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro de anuncios do Concello, segundo o indicado no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Cuarto. De acordo co informe técnico municipal emitido o 16 de agosto de 2022 e ratificado no informe técnico municipal emitido o 22 de setembro de 2022, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión da biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arbóreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrey

– Abeto de Douglas

– Mimosa

– Acacia negra

– Eucalipto

(disposición adicional 3ª)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbustivo:

– Queiroga común

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato herbáceo

– Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbóreo

Frondosas caducifolias

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/Freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Ulmeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Rareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores < 11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura:

poda mínima 4 m

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Rareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores < 11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

-Arbores > 11,4 m de altura:

poda mínima 4 m

 Cumpre

 Non cumpre

Vexetación seca

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

A parte da parcela denunciada conta con extracto arbóreo (incluído na disposición adicional 3ª: piñeiro, mimosa, acacia e eucalipto), arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión. Incumpre deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Quinto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia) para que o responsable realice as actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Sexto. Transcorrido o devandito prazo, os servizos técnicos municipais deberán realizar unha visita de comprobación e emitirán informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sétimo. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello efectuará, sen máis trámites, a execución subsidiaria das ditas actuacións.

Lembrarlle ao responsable a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Oitavo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

ha

Roza matogueira c/ rozadoira, ø=3-6 cm, pte. < 30 %

1.783,54 €

0,1429

254,87 €

Roza manual empregando rozadoira dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 % , e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un.

Abatemento de árbores ø >12-<=20 cm

0,38 €

20

7,60 €

Corta manual de pés con diámetro normal superior a 20 cm e inferior ou igual a 30 cm, densidade menor ou igual a 750 pés/ha.

m3

Tronzadura de fustes de ø >30 cm

3,09 €

16,956

52,39 €

Tronzadura mediante motoserra de árbores de diámetro normal superior a 30 cm en toros de 2,2 m.

ha

Recollida e encastelamento de residuos, dens. <10 t/ha, pte. < 30 %

274,01 €

0,1429

39,16 €

Recollida e encastelamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas e/ou rareos ou desmestas, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior ao 30 %.

ha

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga)

190,47 €

0,1429

27,22 €

Queima controlada de residuos forestais encastelados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m, e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea

 Total da actuación

381,24 €

Advírtese que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, procederase á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Noveno. Advírtese que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, se iniciará tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, realizarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Décimo. Notifíqueselles a presente resolución aos interesados.

Recursos que proceden: contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interporse o recurso potestativo de reposición, que caberá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpor o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes, desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

A Lama, 30 de setembro de 2022

Jorge Canda Martínez
Alcalde