Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63293

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Unha vez rematado o proceso selectivo e por proposta do tribunal cualificador, mediante a Resolución da Alcaldía nº 412/2022, do 14 de novembro de 2022, acordouse o nomeamento de Juan José Rubianes López, con DNI ***6910**, funcionario de carreira do Concello de Monfero, para a praza de operario de servizos múltiples, incluída na oferta de emprego público do Concello do ano 2020, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, persoal de oficios, pertencente a outras agrupacións profesionais (grupo E da Lei 30/1984).

O prazo de toma de posesión será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co previsto no artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Monfero, 16 de novembro de 2022

Andrés Feal Varela
Alcalde