Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 63079

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO da convocatoria do proceso de estabilización de emprego temporal para a selección de 6 auxiliares de axuda no fogar, polo procedemento de concurso-oposición, incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para o ano 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de Taboada do 14 de novembro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir 6 prazas de auxiliares de axuda no fogar, polo procedemento de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 262, do 16 de novembro de 2022, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para cubrir 6 prazas de auxiliares de axuda no fogar, polo procedemento de concurso-oposición, cuxas características son:

Denominación do posto: auxiliar de axuda a domicilio.

Subgrupo: agrupación profesional.

Escala: servizos especiais.

Titulación académica: certificado de profesionalidade de auxiliar de axuda no fogar ou certificados de profesionalidade que son válidos para institucións.

Número de vacantes: 6.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Taboada, www.concellotaboada.es

Taboada, 17 de novembro de 2022

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde