Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 63078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO da convocatoria pública para a selección dun/dunha funcionario/a administrativo/a, escala da Administración xeral, subescala administración, grupo C, subgrupo C1.

Mediante a Resolución de Alcaldía número 189/2022, do 18 de novembro de 2022, aprobáronse as bases e efectuouse a convocatoria pública para a selección dun/dunha funcionario/a administrativo/a, escala da Administración xeral, subescala administración, grupo C, subgrupo C1, mediante concurso-oposición. As ditas bases publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 223, do 24 de novembro de 2022.

O que se fai público co fin de que as persoas interesadas poidan examinalas e participar no proceso selectivo, para o cal deberán solicitalo mediante instancia dirixida ao Alcalde presidente do Concello de Rois no prazo de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases da convocatoria, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e na sede electrónica do Concello de Rois (https://sede.rois.gal), nos termos previstos nas referidas bases.

Rois, 29 de novembro de 2022

Ramón Tojo Lens
Alcalde