Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 63076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO referente a convocatoria para cubrir prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público ordinaria para o ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 231, do 2 de decembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a varias prazas vacantes da Administración xeral e especial no Concello de Pontevedra, incluídas na OEP ordinaria do ano 2022.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante a Resolución do 14 de novembro de 2022, o proceso selectivo para a cobertura de varias prazas vacantes no Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022, que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico medio, mediante o procedemento de promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 6. Denominación: administrativo. Das seis prazas convocadas, tres cubriranse polo procedemento de promoción interna e tres mediante quenda libre, logo de reservar unha delas para persoas con discapacidade intelectual (discapacidade intelectual) e outra para persoas que acrediten calquera tipo de discapacidade (discapacidade xeral).

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 3. Denominación: auxiliar. Das tres prazas convocadas, dúas cubriranse polo procedemento de promoción interna e unha mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: agrupación profesional. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 1. Denominación: subalterno, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase: técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico medio en ambiente, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase: servizo de extinción de incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: cabo, mediante o procedemento de promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: servizo extinción incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: bombeiro-condutor, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. C. Clasificación: escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: sepultureiro, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase: persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial electricista, mediante quenda libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, logo de publicarse os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de editos da corporación nos términos establecidos nas bases.

Pontevedra, 2 de decembro de 2022

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura