Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 62823

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 23 de novembro de 2022 pola que se modifica a autorización do centro autorizado de artes plásticas e deseño Marcote, de Vigo.

A representación do centro autorizado de artes plásticas e deseño Marcote, de Vigo, solicita autorización para poder impartir os ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño en Animación, Gráfica Audiovisual, Gráfica Interactiva e Cómic.

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, e o Decreto 253/1995, do 29 de setembro, desenvolvido pola Orde do 5 de decembro de 1995, regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartiren ensinanzas artísticas. Estes trámites preceptivos foron iniciados na Xefatura Territorial de Pontevedra, que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das ditas ensinanzas.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización para impartir os ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño en Animación, Gráfica Audiovisual, Gráfica Interactiva e Cómic; o centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación: centro autorizado de artes plásticas e deseño Marcote.

Código do centro: 36024823.

Enderezo: avenida da Ponte, 80.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Campus Politécnico Aceimar, S.L.

Composición resultante:

Ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño.

– Ciclo formativo de grao superior en Animación.

– Ciclo formativo de grao superior en Cómic.

– Ciclo formativo de grao superior en Fotografía.

– Ciclo formativo de grao superior en Gráfica Audiovisual.

– Ciclo formativo de grao superior en Gráfica Interactiva.

– Ciclo formativo de grao superior en Gráfica Publicitaria.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades