Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 62826

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2022 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas e denegadas en virtude da Orde do 4 de agosto de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro (código de procedemento SA645A).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 20 da Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro (código de procedemento SA645A), procédese á publicación das subvencións concedidas e denegadas en virtude de dita orde.

Crédito orzamentario inicial: 901.200 €.

Aplicación orzamentaria: 1202.413A.481.2.

No que se refire ás entidades beneficiarias, aos importes concedidos, á finalidade da subvención e ás causas de denegación: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Entidade NIF

Título do proxecto

Puntos e causas de non subvención

Importe 2022

Importe 2023

Importe 2024

Importe 2025

Importe

2022-2025

Comité Cidadán Antisida da Coruña (CASCO) G15279219

Proxecto de accións de saúde pública no campo do VIH/sida e ITS en Galicia

271

26.038,29 €

47.753,46 €

47.753,46 €

23.876,65 €

145.421,86 €

Ecos do Sur G15354483

Atención sociosanitaria en VIH/sida ao colectivo inmigrante con perspectiva intersectorial: Mulleres, irregulares, contexto de prostitución e/ou transexualidade

260

18.043,97 €

33.092,09 €

33.092,09 €

16.545,99 €

100.774,14 €

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela R1500053B

CORAZÓN VERMELLO

245

17.749,93 €

32.552,85 €

32.552,85 €

16.276,37 €

99.132,00 €

Asociación Aliad Ultreia G27021120

Talleres sanitarios e información
sobre VIH para persoas transexuais e outras persoas como HSH e mulleres en contexto de prostitución

243

16.535,58 €

30.325,79 €

30.325,79 €

15.162,84 €

92.350,00 €

Médicos del Mundo G79408852

Prevención da infección por VIH/sida e outras ITS nas persoas en contexto de prostitución, con especial atención ás mulleres transexuais en Galicia

240

16.136,30 €

29.593,50 €

29.593,50 €

14.796,70 €

90.120,00 €

Comité Cidadán Antisida de Ourense

G32169609

Intervención na prevención do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual

240

14.645,87 €

26.860,07 €

26.860,07 €

13.429,99 €

81.796,00 €

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Accións de saúde pública no campo do VIH, hepatite e outras Infeccións de transmisión sexual(ITS)

239

14.522,67 €

26.634,15 €

26.634,15 €

13.317,03 €

81.108,00 €

Asociación Galega de Afectados por VIH/sida (AGAVIH)

G27813146

Auto-cuídate 3.0: Prevención, capacitación e control do VIH/sida e outras ITS en HSH, xóvenes e maiores

229

13.715,84 €

25.154,48 €

25.154,48 €

12.577,20 €

76.602,00 €

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución G27728658

PRE-VENTE 2: intervención socio-sanitaria con persoas en situación de prostitución e prevención, detección e control do VIH/sida e outras ITS en Galicia

223

12.909,04 €

23.674,80 €

23.674,80 €

11.837,36 €

72.096,00 €

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor, Ferrol R1500092J

Proxecto BEIRARRÚA. Proxecto de rúa para prevención do VIH/SIDA e ITS en persoas vítimas de trata con fins de
explotación sexual e prostitución

222

11.065,51 €

20.293,81 €

20.293,81 €

10.146,87 €

61.800,00 €

Asociación Raiceiras-Acción Rural G67805622

Intervención comunitaria no territorio físico e virtual dirixida a HSH e mocidade LGTBIQA+ no rural galego para a prevención
do VIH e outras ITS

211

A orde só financia os 10 proxectos máis puntuados. Este é o undécimo

Asociación Socio-Educativa para la Educación (ASEDUC) G70067830

#Blokeado

198

A orde só financia os 10 proxectos máis puntuados. Este é o duodécimo

Apoyo Positivo G80672694

Casa Ourense: Proxecto comunitario para a prevención e sensibilización na saúde sexual para colectivos vulnerables

180

A orde só financia os 10 proxectos máis puntuados. Este é o décimo terceiro

Total

161.363,00 €

295.935,00 €

295.935,00 €

147.967,00 €

901.200,00 €