Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 63055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 17 de novembro de 2022, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-03143-O-2021 e tres máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-03143-O-2021 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da

persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

LU-03143-O-2021

5284-KTP

34320734L

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

3.11.2021; 8.42; A-6; 535,0

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

LU-03144-O-2021

5284-KTP

34320734L

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

3.11.2021; 8.53; A-6; 535,0

Artigo 141.17 da LOTT

Artigo 198. 21 do ROTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

Artigo 201.d) do ROTT

401 euros

OU-02197-O-2021

6600-JXN

71516351J

A realización de servizos de transporte iniciados nun termo municipal distinto do que corresponde á licenza de taxi, agás nos supostos legalmente exceptuados.

31.10.2021; 1.35; OU-602; 0,5

Artigo 61.c) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

401 euros

PO-00636-O-2022

2350-BBS

78735299C

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

10.5.2021;12.30; N-550; 154,0

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros