Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 63057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 7 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15078007422R e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda da solicitude ditados no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar, por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non o faceren, se considerará efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia, sen teren realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes, logo de ditar a correspondente resolución, atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 7 de novembro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15078007422R

Y9692626A

Requirimento de emenda da solicitude

5.10.2022

15005004622R

Y7826481D

Requirimento de emenda da solicitude

4.10.2022

15030029322R

Y7075720Z

Requirimento de emenda da solicitude

4.10.2022

15073001622R

Y9505866A

Requirimento de emenda da solicitude

19.10.2022

15054003322R

32652740P

Requirimento de emenda da solicitude

17.10.2022