Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2022/220-1).

Expediente: IN407A 2022/220-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LAMT PMR-814 Corrubedo 14, entre os apoios 9DVTLOKK//44-30 e 9DXQP7WL//44-33.

Termo municipal: Ribeira.

1. Características técnicas:

– Substitución, baixo a traza do treito aéreo da LMT PMR-814 autorizado no expediente 25.132 e respectando a súa localización actual, do apoio existente de formigón nº 9DWDKBRF//44-31 e dos fusibles nel instalados polo novo apoio metálico tipo C-2000/14-H35-CA cun soporte para instalar novos elementos de protección e manobra tipo XS.

– Substitución da actual cruceta tipo bóveda instalada no apoio nº 9DWXRA59//44-32 por unha nova cruceta recta tipo CR-1.

– Desconexión e desmonte do condutor tipo LA-30 actualmente instalado no treito de LMT aérea existente, de 70 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº 9DWDKBRF//44-31 proxectado e o apoio nº 9DWXRA59//44-32 existente, que será substituído por novo condutor tipo LA-56.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (existente) no treito de LMT aérea, de 69 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio metálico nº 9DVTLOKK//44-30 existente e o novo apoio nº 9DWDKBRF//44-31 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (existente) no treito de LMT aérea, de 79 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio metálico nº 9DWXRA59//44-32 existente e o apoio metálico nº 9DXQP7WL//44-33 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello de Ribeira. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 14 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

• Termo municipal de Ribeira.

Nº predio: 1.

Referencia catastral: polígono 51, parcela 1014.

Lugar: Saamil.

Cultivo: piñeiral.

Propietario/a: descoñecido/a.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio nº: 9DWDKBRF//44-31.

– Afección apoio: 2 m².