Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica da substitución do CTI Castelo polo CTC e LMT, no concello de Pontevedra, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/061-4).

A instalación da substitución do CTI Castelo polo CTC e LMT foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 11 de agosto de 2022, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados e a condición de beneficiaria da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 7 de febreiro de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e informámolos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o xulgue conveniente.

Vigo, 8 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

anexo

Substitución do CTI Castelo polo CTC e LMT

Núm.

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Titular

1

36900A201000870000LU

Antas

Agrario

Saladina Casás Casal del Rey