Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lobios (expediente IN407A 2022/165-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, o día 2.8.2022, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na mesma data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A. (CIF A63222533).

Enderezo: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTA, LMTS, CTC e RBTS Lobios, s/n, polígono 23, parcela 334 CCH807.

Situación: concello de Lobios (Ourense).

Orzamento: 82.954,77 €.

Características técnicas:

• LMTS de E/S en CT proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e 50 m de lonxitude con orixe e fin no paso A/S proxectado nº 28-5 de tipo C-14/1.000 que se intercalará na LMTA CCH807 (expediente 1718AT) e final con E/S en CT proxectado.

• Instalación de novo apoio, tipo celosía metálica, intercalado con inicio no apoio existente nº 28-4 de tipo C-16/1.000 da LMTA CCH807 (expediente 1718AT) e final no apoio existente nº 28-6 de tipo C-16/3000 da citada LMTA CCH807.

• Centro de transformación (CT) de tipo prefabricado compacto telecontrolado GSM/GPRS/FO 2L1P 250 kVA/20 kV con envolvente e manobra exterior, con transformador de 250 kVA. Illante en aceite mineral.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 9 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense