No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 275, do 1 de decembro de 2022, e na sede electrónica do Concello, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Outeiro de Rei incluídas na oferta de emprego público de 2022.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como establecen as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Outeiro de Rei, 30 de novembro de 2022
José Pardo Lombao
Alcalde