Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62608

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ACORDO de delegación do Concello de Muíños para o exercicio das competencias de recadación en vía executiva da taxa polo abastecemento domiciliario de auga potable.

O Pleno da Corporación provincial, en sesión ordinaria do 30 de setembro de 2022, aceptou por unanimidade a delegación do Concello de Muíños na Deputación Provincial para o exercicio das competencias de recadación executiva da taxa polo abastecemento domiciliario de auga potable, así como a revisión dos actos ditados de conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, publícase o citado acordo nos seguintes termos:

Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello de Muíños a favor da Deputación Provincial, mediante Acordo plenario do 22 de xuño de 2022, para a recadación executiva da taxa polo abastecemento domiciliario de auga potable, así como a revisión dos actos ditados, nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello de Muíños, e son en todo caso de aplicación as seguintes condicións xerais:

a) O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da recadación en vía executiva, e ditar todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos devanditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e a resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.

b) Para o exercicio da competencia delegada, o Concello debería remitir as oportunas certificacións de descuberto do tributo ao cal se refire.

c) A taxa para satisfacer o Concello pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100 % da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario conforme o establecido no artigo 6, alínea b) da ordenanza fiscal reguladora da taxa, pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá das cantidades da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da devandita liquidación na forma prevista no artigo 9 da ordenanza fiscal.

d) Esta delegación estará vixente a partir do día seguinte ao da súa publicación no boletín oficial da provincia durante o prazo de catro anos, e prorrogarase tacitamente por períodos de catro anos se ningunha das partes mostra expresamente a súa vontade en contra, comunicándollo á outra cunha antelación non inferior a seis meses á data sinalada ou á de calquera dos períodos de prórroga.

Ourense, 3 de novembro de 2022

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense