Mediante a Resolución de Alcaldía, do 31 de outubro de 2022, aprobáronse as bases que, ao abeiro do disposto no artigo 2 e disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, deberán rexer a provisión das seguintes prazas:
– Concurso en quenda libre, como laboral fixo: 1 administrativo e 1 condutor-oficial encargado de obras e servizos.
– Concurso-oposición en quenda libre, como laboral fixo: 1 traballador social.
Estas bases foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 256, do 9 de novembro de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Negueira de Muñiz, 9 de novembro de 2022
José Manuel Braña Pereda
Alcalde presidente