O Concello de Gondomar, en sesión ordinaria do día 2 de decembro de 2021, aprobou inicialmente o expediente para a adopción da bandeira proposta pola Comisión Heráldica para o Concello de Gondomar.
En cumprimento do disposto no Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, aprobado polo Decreto 19/2010, do 11 de febreiro; nos artigos 258 ao 262 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, e nos artigos 22.2.b) e 47.2.e) da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, sométese o expediente á información pública mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos desta entidade, durante o prazo dun mes, para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.
Se transcorrido o dito prazo non se presentasen reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o referido acordo.
O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.
Gondomar, 14 de decembro de 2021
Juan Francisco Ferreira González
Alcalde presidente