No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 262, do 16 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
– Dúas prazas de auxiliar de axuda no fogar, pertencentes ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala servizos especiais, servizos sociais comunitarios básicos, mediante o sistema de concurso en quenda libre.
– Unha praza de traballador/a social, pertencente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala servizos especiais, servizos sociais comunitarios básicos, mediante o sistema de concurso en quenda libre.
– Unha praza de axente de emprego, pertenente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala servizos especiais, servizos de emprego e desenvolvemento local.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.
O Corgo, 16 de novembro de 2022
Felipe Labrada Reija
Alcalde