Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2022/370-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA PSY804 San Adrián Signo 4 4 entre os apoios A1AQWHGA//70 e A1HGF318//70-2.

Situación: Moaña.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor tipo LA 30 en tres actuacións. A primeira actuación é de 120 metros, con orixe no apoio existente nº A1AQWHGA//70 e final no apoio proxectado nº A1CHB1G5//70-1 (regulación condutor existente). A segunda é de 131 metros, con orixe no apoio proxectado nº A1CHB1G5//70-1, no cal se instala un reconectador, e final no apoio proxectado nº A1CHB1G5//70-1-bis. A terceira é de 147 metros, con orixe no apoio proxectado nº A1CHB1G5//70-1-bis e final no apoio existente nº A1HGF318//70-2 (regulación condutor existente). A instalación está situada en San Lourenzo, Domaio, no municipio de Moaña (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 10 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/370-4.

Denominación: regulamentación LMTA PSY804 San Adrián Signo 4 4 entre os apoios A1AQWHGA//70 e A1HGF318//70-2.

Concello: Moaña.

Paraxe

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

S. Lourenzo-Domaio

Eucalipto

36029A032000030000IR

Descoñecido/a

A1CHB1G5//70-1

2

2

S. Lourenzo-Domaio

Piñeiral

36029A033100790000IB

Descoñecido/a

A1CHB1G5//70-1 bis

2