Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2022/364-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA e instalación reconectador no apoio AC6OMFMS da LMTA LES808.

Situación: A Estrada.

Características técnicas: substitución do apoio AC6OMFMS, por un C-2000-14 (1800-1500) da liña de media tensión aérea (LMTA) LES808 Codeseda 8 no cal se instala un reconectador. LMTA (actuación 1): regulación do van de 27 metros, con condutor tipo LA-56 existente, entre o apoio proxectado AC6OMFMS C-2000-14 e o existente AC65WDC9. LMTA (actuación 2) a 20 kV, con condutor tipo LA-56, de 76 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado AC6OMFMS C-2000-14 e final no apoio existente AC8C17HR. A instalación está situada no polígono 517, parcela 463, Carballeira, no concello da Estrada (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 10 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/364-4.

Denominación: LMTA e instalación reconectador no apoio AC6OMFMS da LMTA LES808.

Concello: A Estrada.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Carballeira

Prado

36017L517004630000BP

María Dolores Galán Silva

AC6OMFMS

2