Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/378-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS enlace BAL701 e BAL705, CTC rúas Ramiro Pascual e de Macal.

Situación: Vigo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor tipo RHZ1, en catro actuacións. A primeira é de 172 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación existente Carneiras 2 (36CDM2) e final no apoio existente 9WLD6N7C//26-17 mediante dobre paso aéreo subterráneo (PAS). A segunda actuación é de 528 metros, con orixe no apoio existente 9WLD6N7C//26-17 mediante dobre PAS e final no centro de transformación (CT) proxectado. A terceira actuación é de 84 metros, con orixe no CT proxectado e final no apoio existente 9WH98US5//26-14-6 mediante dobre PAS. A cuarta actuación é de 363 metros, con orixe no CT proxectado e final no centro de seccionamento existente bombeo estrada universidade (36CKG5). Centro de transformación a 400 kVA, con RT de 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 2921901NG2722S0001YJ, no municipio de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 10 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/378-4.

Denominación: LMTS enlace BAL701 e BAL705, CTC rúas Ramiro Pascual e de Macal.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Afeccións

m2

lonx.

m2 sub.

1

Castrelos

Urbano

2921901NG2722S0001YJ

Ramilo, S.L.

CT

35,41

24,00

78,09