Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Avión (expediente IN407A 2021/136-3-AT).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, no se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA ALB801 apoios 83-60-8 e 83-60-11 no concello de Avión (expediente IN407A 2021/136-3-AT), correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense (solicitando cita previa no teléfono 988 38 67 10, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres). As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 15 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2021/136-3-AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB801 apoios 83-60-8 e 83-60-11

Concello: Avión.

Predio número

Lugar

Incidencia

2

Viñas

Titular descoñecido