Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2022/175-3).

Mediante o Acordo do 14.10.2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida á información pública a solicitude da autorización administrativa previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2022/175-3), o cal foi publicado no DOG do 8.11.2022, logo de realizar ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relacionan, para seren notificados por comparecencia, por non poderse efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, na rúa Curros Enríquez, 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 10 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número do expediente: IN407A 2022/175-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de reconectador TC na LMTA BDV712-apoio número 21.

Termo municipal: O Barco de Valdeorras.

Predio número en proxecto: 1.

Lugar: Monte Grande.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio número: 21, ocupación de 2 m2.