Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación dos depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS, CTC Monte de Berdón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC Monte de Berdón, no concello de Vilagarcía de Arousa, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 15 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente:

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CTC Monte de Berdón.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Predio

Titular

Depósito prezo xusto

1

Descoñecido

2022/54/302