Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación da LMT FRI808, entre os apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5, no concello da Cañiza, que figuran no anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial de Vigo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta na cal se ingresará o depósito.
Vigo, 15 de novembro de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/62-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación da LMT FRI808 entre os apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5.
Concello: A Cañiza.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data da ocupación |
Deposito previo |
4 |
36009B516015420000FU |
Ana Gabriela Sagaste Reinaldo |
19 de decembro de 2022 |
2022/54/303 |