Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade dos expedientes administrativos, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, situado no segundo andar do edificio do Concello, na praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.

Número de expediente

Referencia catastral

Propietario

2022/I004/000059

15036A01400727

José María Álvarez Díaz

2022/I004/000082

15036A02100652

Antonia Carballeira SS

2022/I004/000083

15036A02100650

Antonio Meizoso SS

2022/I004/000084

15036A02100649

Francisca Fraga SS

2022/I004/000085

15036A01800380

Avelino e Francisco González Feal

Fene, 9 de novembro de 2022

Juventino J. Trigo Rey
Alcalde presidente