Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61766

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de asesor/a técnico/a adscrito ao Servizo de Contabilidade e Contas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 255, do 8 de novembro de 2022, publicáronse integramente a convocatoria e as bases para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que a seguir se relaciona:

Asesor/a técnico/a, reservado a réxime funcionarial, adscrito/a ao Servizo de Contabilidade e Contas, con requisito para participar de pertencer á escala da Administración xeral, subescala técnica ou de xestión, ou escala de Administración especial, técnicos superiores e técnicos medios, segundo o sistema de clasificación vixente nas administracións locais, persoal funcionario doutros corpos ou escalas correspondentes a outras administracións públicas, grupos A1/A2.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no BOP de Lugo.

Lugo, 9 de novembro de 2022

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 26.7.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social