Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61767

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2022 pola que se dá publicidade dunha encarga de xestión para os exercicios 2022 e 2023 á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encarga de xestión da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

– Actividade: reacondicionamento e novo equipamento nos espazos exteriores do monte Gaiás.

Natureza e alcance da xestión: trátase dunha encarga a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: corenta e oito semanas.

Importe: 138.210,88 €.

Tarifas aplicables: réxime de tarifas aprobado o 20 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2022

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia