Advertido un erro no anuncio da convocatoria do proceso selectivo publicado no Diario Oficial de Galicia, número 222, do 22 de novembro de 2022, de conformidade co artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede realizar a oportuna corrección no sentido que se indica a continuación:
Onde di:
«3 prazas de técnico/a de informática (subgrupo A1), CE 1/22, promoción interna».
Debe dicir:
«3 prazas de técnico/a de informática (subgrupo A1), CE 1/22, quenda libre».
A Coruña, 22 de novembro de 2022
A Xunta de Goberno local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior