No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 269, do 24 de novembro de 2022, e na sede electrónica do Concello, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de psicólogo, persoal laboral fixo, polo sistema de concurso, incluída na oferta de emprego de 2022, publicada no BOP número 120, do 27 de maio de 2022, e no DOG número 102, do 30 de maio de 2022.
O prazo para a presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal como establecen as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Carballeda de Avia, 24 de novembro de 2022
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 2.7.2019)
Noemi Alonso Cubo
Concelleira delegada de Persoal