Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61147

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 22 de novembro de 2022 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará o persoal da empresa que presta servizos de mantemento no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que se desenvolverá con carácter indefinido a partir das 00.00 horas do día 28 de novembro de 2022.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se encontra a sanidade.

O desempeño da prestación da asistencia sanitaria pública non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este. O que implica a necesidade de conxugar o citado exercicio cun axeitado establecemento dos servizos mínimos naquelas áreas e actividades que repercuten na xestión dos servizos sanitarios, para preservar, en último termo, o propio dereito á vida e á integridade física das persoas usuarias dos devanditos servizos.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

Os representantes do persoal da empresa Veolia Servicios Norte, S.A.U., que presta servizos de mantemento industrial no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, comunicaron a convocatoria dunha folga que se desenvolverá, con carácter indefinido, desde as 00.00 horas do día 28 de novembro de 2022.

Con base no que antecede, unha vez outorgada audiencia, e logo do acordo co comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1.

A folga referida na parte expositiva entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen nesta orde.

A folga convocada afecta todos os/as traballadores/as da empresa Veolia Servicios Norte, S.A.U., que prestan servizos de mantemento integral no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e ten carácter indefinido. En consecuencia, tivéronse en conta para a determinación dos servizos esenciais os seguintes factores para a cobertura da seguridade en relación co medio sanitario: o risco para os/as pacientes, usuarios/as e traballadores/as derivado da realización de actividades e uso de materiais sobre os cales se proxectan as tarefas de mantemento, a súa conseguinte afectación á actividade asistencial e o volume de pacientes atendidos/as.

De acordo coa motivación anterior, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E, ao propio tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

Estas circunstancias, e a necesidade de garantir a presenza dun mínimo de persoal que poida atender de forma permanente a actividade imprescindible nese ámbito –nomeadamente a reparación de eventuais avarías nos equipamentos e instalacións–, determinan que se opte, como criterio reitor para a fixación dos servizos mínimos, pola presenza do 50 % dos efectivos habituais por quenda e categoría, salvo na área de mantemento xeral que, por dar soporte ao resto de áreas do servizo, pode ampliarse ata o 60 % de efectivos globais.

Artigo 2.

A determinación do persoal necesario con base no criterio anterior faraa a empresa coordinadamente coa Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, debendo estar a súa fixación adecuadamente motivada.

A xustificación debe contar no expediente de determinación de mínimos e exteriorizarse axeitadamente para xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal de efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola empresa e notificada ao persoal designado.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

No anexo desta resolución recóllese o número de efectivos de servizos mínimos acordado para cubrir as xornadas de folga.

Artigo 3.

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4.

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5.

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios/as dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Presenzas de servizos mínimos.

1. Mantemento de Electromedicina.

Responsable Área Electromedicina

L

M

Me

X

V

Mañá

1

1

1

1

1

Tarde

0

0

0

0

0

Técnico Electromedicina

H. Álvaro Cunqueiro e H. Nicolás Peña

L

M

Me

X

V

S

D

Mañá

3

3

3

3

3

1

1

Tarde

2

2

2

2

2

1

1

Noite

1

1

1

1

1

1

1

Presenzas de festivos = presenzas de domingos.

Técnico Electromedicina

H. Meixoeiro

L

M

Me

X

V

Mañá

1

1

1

1

1

Tarde

0

0

0

0

0

Fóra do horario presencial do H. Meixoeiro, todos os avisos serán atendidos polos técnicos do H. Álvaro Cunqueiro.

2. Central de Abastecemento e Tratamento de Auga (CATA).

Técnico Central Abastecemento e Tratamento Auga

H. Álvaro Cunqueiro H. Nicolás Peña e H. Meixoeiro

L

M

Me

X

V

S

D

Mañá

1

1

1

1

1

1

1

3. Subministracións e Xestión Enerxética.

Responsable Área Subministracións e Xestión Enerxética

H. Álvaro Cunqueiro

L

M

Me

X

V

Mañá

1

1

1

1

1

Tarde

0

0

0

0

0

Técnicos subministracións e xestión enerxética

H. Álvaro Cunqueiro

L

M

Me

X

V

Mañá

1

1

1

1

1

Tarde

0

0

0

0

0

4. Mantemento xeral.

Técnico mantemento instalacións eléctricas

H. Álvaro Cunqueiro

L

M

Me

X

V

S

D

Mañá

1

1

1

1

1

2

1

Tarde

2

1

2

1

2

1

1

Noite

1

1

1

1

1

1

1

Técnico mantemento instalacións mecánicas

H. Álvaro Cunqueiro

L

M

Me

X

V

S

D

Mañá

2

1

2

2

1

1

1

Tarde

1

2

2

2

2

1

1

Noite

1

1

1

1

1

1

1

Técnico mantemento infraestruturas

H. Álvaro Cunqueiro

L

M

Me

X

V

S

D

Mañá

2

2

3

3

3

1

1

Tarde

2

2

2

2

2

1

1

Noite

1

1

1

1

1

1

1

Presenzas de festivos = presenzas de domingos.

Xefes de equipo/encargados

H. Álvaro Cunqueiro

L

M

Me

X

V

S

Mañá

1

1

1

1

1

1

Tarde

1

1

1

1

1

0

Administración

H. Álvaro Cunqueiro

L

M

Me

X

V

Mañá

1

1

1

1

1

Tarde

0

0

0

0

0

Responsable área

H. Álvaro Cunqueiro

L

M

Me

X

V

Mañá-tarde*

2

2

2

2

2

* Horario habitual de quenda partida.