Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2022/205-1).

Expediente: IN407A 2022/205-1.

Solicitante: Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Denominación: LMTS Fadeira-Camiño do Rolo.

Termo municipal: Cabanas.

Feitos:

Primeiro. O 20.7.2022, Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción das instalacións do proxecto de execución da LMTS Fadeira-Camiño do Rolo, coa finalidade de incrementar a garantía e calidade da subministración de enerxía eléctrica e cambiar a actual arquitectura radial da rede de distribución de media tensión pasándoa a unha arquitectura de dobre anel aberto, proxectando para tal fin un recuamento dun treito aéreo da liña de distribución de media tensión LP a Vilar do Colo (expedientes IN407A 2001/396-1 e IN407A 2012/29-1), mediante a instalación dun treito de liña soterrada de media tensión.

Segundo. A promotora achega xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe a memoria, os planos e o orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución da LMTS Fadeira-Camiño do Rolo, subscrito por Francisco Javier Bouza Cabarcos, enxeñeiro industrial (colexiado núm. 867 do ICOII de Galicia), con visado núm. 20222184, do 19.7.2022 do devandito órgano colexial.

– Declaración responsable asinada o 13.7.2022 polo devandito técnico proxectista conforme o anexo I da Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios de aplicación para exixir o visado colexial en materia de industria e enerxía (DOG núm. 229, do 30 de novembro) e de cumprimento de toda a normativa que lle é de aplicación nos termos establecidos no punto 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Terceiro. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da devandita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o preceptivo informe ou, de ser o caso, o establecemento das condicións técnicas que considerasen pertinente ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, para o que lles foi remitida unha separata do proxecto que contén as características da instalación e a documentación cartográfica na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo. Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Cabanas.

Quinto. O 20.10.2022, os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron o informe sobre a solicitude feita por Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 á 09 (BOE núm. 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 á 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto da LMTS Fadeira-Camiño do Rolo, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

• LMTS a 15 kV, de 557 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), con orixe na arqueta existente en que se farán os empalmes MT de conexión cun treito soterrado da LMT LP Vilar do Colo (expedientes IN407A 2001/396-1 e IN407A 2012/29-1) e remate no PA/S proxectado no apoio núm. 23 existente metálico tipo C-4000/16 da devandita LMT.

4. Non consta no expediente, no día de hoxe, a contestación da Administración local ao informe solicitado, de tal xeito que, de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 do artigo 3 do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, enténdese a conformidade do Concello de Cabanas coas especificacións técnicas propostas no proxecto de execución.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto da LMTS Fadeira-Camiño do Rolo coas características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– Esta autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo á lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Esta autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV, de conformidade co artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– As instalacións executaranse no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L. solicitará expresamente a esta xefatura territorial a autorización da súa explotación, xunto coa seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e as prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle á Industria Eléctrica Sucesores de Manuel Leira, S.L. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 24 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña